Canadá é oficialmente un país bilingüe. As
linguas oficiais son o inglés e o francés. Ambas linguas teñen igualdade de
condición nos tribunais federais, no parlamento, e en todas as institucións
federais. Os sinais nas rúas, o nome das rúas, etc, todo está escrito nas dúas
linguas.
Sendo un país bilingüe, e posto que nós os
galegos tamén o somos, unha das primeiras inquietudes que tiven ao chegar ao
centro foi ver como se desenvolvían as dúas linguas no marco da educación. Para
a miña sorpresa non se desenvolven por igual; de feito, a única materia que se
imparte en francés é a de lingua francesa, o resto das materias son impartidas
en inglés.

Actualmente existe nas escolas un programa de
inmersión lingüística en francés polo que o alumnado de Educación Infantil
empeza a ter a metade do horario escolar en lingua francesa e a outra metade en
lingua inglesa. Sen embargo, e como di o refrán: "as cousas de
palacio...".
No comments:
Post a Comment