Tuesday, 20 September 2016

Albert Hall 2

Hoxe volvemos a Albert a seguir coa orientación. Despois ofrecéronnos un “Lunch” nun restaurante que foi un antigo muíño e que agora é unha “Brewery” (fábrica de cervexa). A parte do noso grupo, estaban os coordinadores e con algúns directivos dalgunhas escolas de primaria e secundaria, en representación de todas as que acollen a mestres galegos.


Xa pola tarde reunímonos, cando xa remataran as actividades programadas. 


Como podedes ver na foto, así se fai unha tormenta de ideas galega en Canadá. Aquí estabamos reunidos preparando unha actividade intercultural integradora que contextualiza o bilingüismo empregando elementos CLIL que se atopan no currículo galego. Eu diría incluso que se podería encadrar en calquera contido de Ciencias Naturais ou Ciencias Sociais pois estabamos a planear a nosa primeira viaxe de fin de semana xuntos. De feito, empregamos a competencia de aprender a aprender, as competencias sociais e cívicas respectando as quendas de palabra, a competencia dixital e a do sentido da iniciativa e espírito emprendedor buscando aloxamento, pero sobre todo a competencia en comunicación lingüística, pois non paramos de falar en ningún momento aportando ideas, destacando algún hostal ou apartamento válido para aloxarnos, etc.

No comments:

Post a Comment