Sunday, 25 September 2016

Pequena Familia Canadiense

Cando estás fóra da túa casa, dar con xente que che apoie é esencial. Neste programa participamos 25 docentes galegos que xa formamos unha pequena familia. Vémonos case todos os días e é xenial contar con xente que che entende e que comparte a mesma situación ca ti, sobre todo tendo en conta que a maioría de nós non nos coñeciamos antes.
En Ottawa hai un grupo de persoas que coida de nós. A nivel local existe un organismo chamado o School Board que xestiona a Educación. Algúns dos seus membros son os responsables do noso programa. Ocúpanse de todo. Por un lado, encárganse de buscarnos as familias, de que esteamos ben acollidos e cómodos, e se hai algún problema fan o imposible por cambiarte de casa. Tamén se encargan de asignarnos unha escola, de que atoparnos un contact teacher e de que esteamos a gusto nela. Ademais, ocúpanse de que esteamos en contacto periódicamente e planeannos actividades variadas para facer despois da escola.
Todos os martes e xoves facemos algunha actividade conxunta, desde visitar todos os museos de Ottawa ata navegar nunha canoa coma as das Primeiras Nacións, ou ir a xogar aos bolos.
Hai que dicir que a maior parte das actividades as fan no seu tempo libre. De feito, para aqueles e aquelas que durante a fin de semana quedan en Ottawa sempre hai un plan programado para que nos se atopen sós.
Personalmente, teño que dicir que son fantásticos. Nunca teñen nunca unha mala palabra para nós e tratan de axudarnos en todo o que lles pedimos. O seu trato para con nós vai máis alá do profesional, pois aínda que só levo aquí unha semana xa os sinto como parte da nosa pequena familia canadiense.

Gracias sobre todo a Kari Hanes e a Constantine Ioannou, pero tamén a Brenda St. Jean, a Katherine Noble e a Insook Browman polo voso traballo.

No comments:

Post a Comment