Wednesday, 28 September 2016

Teclado inglés

Todos os que nos enfrentamos a un ordenador estranxeiro atopamos o mesmo problema. Escribir un texto noutra lingua pódese convertir nun pesadelo se non tes un teclado adecuado. De feito, cando fago os meus posts no cole é exactamente o que me acontece, xa que os teclados de todos os ordenadores están deseñados para escribir en lingua inglesa. Non hai "ñ" nin tils. 
Intento facer os meus posts en galego e en castelán no meu ordenador na casa pero se os fago en Lady Evelyn acabo recorrendo aos truquiños que aparecen a continuación.



Menos mal que a alguén se lle ocorreu pensar nas linguas que usan eses sinais ortográficos. Así que, se viaxades ao estranxeiro, aquí tedes a táboa.

No comments:

Post a Comment