Wednesday 12 October 2016

Soccer


Lady Evelyn competiu contra outras escolas de primaria nun torneo de Soccer, o noso fútbol, vaia. A verdade é que as rapazas e os rapaces non tiveran moito tempo para adestrar, pois non é unha actividade extraescolar. De feito, só levaban adestrando tres semanas durante o recreo. Todos o fixeron moi ben. Ademais os rapaces quedaron de primeiros na competición, o que lles fixo moita ilusión porque levaban sen marcar un gol varios anos xa.











Aparte das medallas, este día foi memorable para as nenas e os nenos que pasaron o día fóra compartindo emocións con compañeiras e compañeiros doutros cursos.

No comments:

Post a Comment